Nuria's profileVIVIR É TODO UN ARTEPhotosBlogListsMore ![]() | Help |
VIVIR É TODO UN ARTEE a min encántame a vida |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
5/23/2009 O día a día...Meu deus! A algúns sóbralles o tempo (nestes tempos non é raro...) e a outro faríannos falta días de 48h, porque 24 non chegan para nada.
E se temos en conta na época na que estamos peor aínda, que se o traballo, que se as clases, que se as actuacións, que se os exames... andamos algúns a 100kms/h.
Pero sexamos positivos: teño traballo e sáenme proxectos actísticos interesantes, que máis podo pedir?
Tempo para disfrutar xa terei cando cheguen as vacacións, non si?
3/24/2009 Ansío liberdade...Atrapada nesta xaula social inmersa nunha rutina que me dá de todo menos satisfacción personal. Pendente do reloxo de tal maneira que non hai tempo nin para respirar, canto máis para "vivir" un par de horas ó día. 2/22/2009 JAVI, NUNCA TE ESQUECEREMOS!!!A estrada arrancouche a vida neste día de sol, que se nublou dende o momento no que nos faltas.
Porque tivemos a sorte de terte como amigo e, contigo, se nos vai un anaco das nosas vidas.
Por ser de bo corazón gañácheste un espacio nos nosos.
Esta é a miña pequena homenaxe, e é para ti, porque sempre mereceches e merecerás que se te recorde con todo o cariño do mundo. Sempre serás único!
Isto non é un adeus, e só un ata logo. Pero mentres tanto ímoste estrañar moito! 2/15/2009 San ValentínAínda que sexa un invento das grandes superficies para aumentar o seu volume de vendas... a ninguén lle amargan unhas flores de vez en cando!
Sobre todo se non esperas nada e te sorprenden. Hai que ver que cariñosiños se poñen cando queren, non si?
Mágoa que necesiten recordatorios coma estes para ter detalles. Pero na súa imperfección está o encanto.
A min alegroume o día.
1/26/2009 SIETE ALMASA pasada semana fun ó cine en dúas ocasións. Si, xa sei... un luxazo nestes tempos que corren, pero é que non ía dende... Spiderman 3... creo. E unha desas veces foi para ver a un dos meus actores favoritos, Will Smith. Todos coñecemos a carreira deste pedazo de artista pero, é que con cada película que fai, se confirma que non está aló arriba soamente polo seu físico. "Siete almas" pareceume un pouco lenta ó principio, pero así vai transcorrendo a película vaise facendo máis interesante e engachándote ata meterte no seu mundo. Emociona, e moito, alomenos a min. E Will demostra unha vez máis que é un dos mellores actores do momento, sen dúbida algunha. Paga a pena gastar o diñeiro na entrada se é para ver cousas coma esta. 1/20/2009 Internet na casa1/12/2009 O MEU MUNDO12/24/2008 Bailando con SondeSeu |
¡Hola a todos!
Sempre que vos apeteza poderedes deixar a vosa firma para que eu saiba que andivestes por aquí.
Unha aperta.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|